Actividades no Barrio

En Canido lévanse a cabo diariamente unha serie de actividades entre as diferentes entidades existentes no barrio. Entre todas elas realízase unha oferta conxunta para ofrecer a todo o vecindario interesado.

Cada ano traballamos para intentar que a oferta sexa o máis variada e interesante posible. Desde actividades para nenos ata actividades para persoas de idade avanzada. Desde actividades físicas ata actividades musicais. E, por suposto, acéptanse recomendacións para mellorar ainda máis.

Grazas a todas as entidades por facer de Canido un barrio mellor.

Asociación Veciñal de Canido
Asociación Sociocultural Muíño do Vento
Asociación Cultural Acordeonistas
Escola Capoeira Luanda Ferrol

Introdución

Actividades da SRD Canido

As nosas actividades practícanse tanto na planta baixa como na primeira planta do Ambigú da sociedade. Todas elas abarcan de luns a venres en horario de mañá e tarde.

Vista Semanal

Vista Filtrada

Fútbol Base

As inscricións fanse a través da plataforma de Cluber

Para rexistrarte

  • CHAMANDO AO TELÉFONO DO MONITOR OU MONITORA DE CADA ACTIVIDADE. (MÁIS ABAIXO).

  • CUBRINDO A SOLICITUDE EN PAPEL E ENTREGÁNDOA:

    • NO AMBIGÚ OU A UN MEMBRO DA XUNTA DIRECTIVA NO LOCAL.

    • NA ASOCIACIÓN VECIÑAL DE CANIDO (CENTRO CÍVICO).

  • ENVIANDO O FORMULARIO POR REDES SOCIAIS OU CORREO ELECTRÓNICO:

  • NO CASO DE EXCEDER O NÚMERO POR GRUPO, DARASE PREFERENCIA ÁS PERSOAS QUE SEXAN SOCIAS.

  • TODAS AS PRAZAS INCREMÉNTANSE 5€/MES PARA AS PERSOAS NON SOCIAS.