Opaí Teatro

Grupo Teatral da SRd Canido

Amor a moreas foi a nosa primeira obra en Opaí Teatro - Canido SRD. Comezamos no ano 2020, con máscara e coas restriccións de ensaiar por turnos de só catro persoas. Por iso, decidimos facer unha obra de escenas breves. Aquel xoguetiño que argallamos para irnos agrupando e poder seguir facendo teatro en pandemia deu máis de si do que nunca chegamos a pensar.

Logo veu De marzo a marzo, que desde a súa estrea en xuño de 2022, percorreu diversos escenarios e certames teatrais en toda Galicia, consolidándose como unha proposta escénica recoñecida e premiada. A seguinte cronoloxía recolle as súas participacións máis destacadas:

  • Xuño 2022: Estrea no Auditorio Torrente Ballester de Ferrol.

  • Novembro 2022: Participación na III Mostra de Teatro “Fai Teatro!” organizada polo Concello de Mugardos.

  • Novembro 2022: Participación na XIX Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón en Ribadeo.

  • Novembro 2022: Representación dentro do Ciclo de Teatro Afeccionado “Domingos a Escena” en Caranza (Ferrol).

  • Marzo 2023: Función no Teatro Jofre, organizada polo Concello de Ferrol.

  • Xuño 2023: Participación na IX Edición do Certame Pontedeume en Obras.

  • Xuño 2023: Participación na XXI Mostra de Teatro do Concello de Vilalba.

  • Outubro 2023: Participación no II Certame de Teatro Fusa Guillén, do Concello de Cedeira.

  • Abril 2024: Participación no Certame Teatral Lugrís Freire en Sada, onde a obra foi galardoada co Premio do Xurado á Mellor Obra.

  • 2024: Participación no Certame Escolar e Afeccionado do Concello de A Coruña.

  • Xuño 2024: Participación no III Certame de Teatro Afeccionado “O Poto”, no que a obra recibiu tres galardóns:

    • Premio á Mellor Dirección

    • Premio á Mellor Posta en Escena

    • Premio á Mellor Representación

  • Xullo 2025: premio do Xurado no Certame Amarte, Arteixo.

Despois de isto, o número de membros do noso grupo aumentou, ata case triplicarse. Viñeron máis obras como Habelas hainas, Café, Mamá Cora, Fariña, A mala estrela...

Na actualidade seguimos traballando arreo en obras novas baixo a dirección de Cristina Mariño e Nelu Vermouth, das que pronto teredes noticias.

As obras veñen e van, pero o amor continúa. E iso é o que vos desexamos:

Amor a moreas... sempre!!