Fútbol

Equipos de futbol da SRD Canido

Historia e Equipos Base

A SRD Canido, como sociedade centenaria, sempre estivo moi involucrada no mundo deportivo. Deste xeito, xa desde os seus inicios, o fútbol foi un dos principais motores do club. Foron moitas as persoas, familias e amigos os que pasaron polas filas dos equipos da SRD Canido. Hoxe en día podemos lucir moi orgullosos algúns anacos da nosa historia.

É certo que, como en todos os sitios, hai momentos mellores e peores. Xa neste século, a sociedade atravesou unha época escura neste apartado. Aínda así, co traballo e esforzo de todos, conseguiuse volver levantar o club creando e mantendo varios equipos de nenas e nenos de diferentes categorías: biberóns, prebenxamíns, benxamíns e alevíns. Ademáis, os seus responsables foron quen de inculcarlles, coa súa gran labor, o sentimento de familiaridade e amizade que tan importante é nesas idades.

Inscricións

Se estades interesados en que algún familiar ou coñecido xogue na SRD Canido, non dubidedes en contactarnos.

As inscricións fanse a través da plataforma de Cluber

Equipo Sénior

Nesta tempada 2025-2026, despois de case 20 anos, volveuse formar o equipo sénior. Este é un dos maiores logros da historia recente da SRD Canido. Non é máis importante que outro equipo da base, pero fai que o club sexa máis visible na comarca. Pouco a pouco, a cada paso, Canido volver estar no mapa.

Como é o normal, un equipo novo ten que arrincar na última categoría. Neste caso é a 3ª Futgal. A tempada empezou xogando a Copa de 3ª Futgal, na que os 9 equipos que compoñen a categoría xogaron unha “liguilla” dunha volta con seminifinal e final para os catro primeiros clasificados. O noso equipo chegou ata a semifinal (clasificado como terceiro), onde quedou eliminado fronte ao SDCR Narón O Freixo. Unha gran participación para ser a primeira competición.

O que resta de tempada xogarase a Liga de 3ª Futgal, na que os dous primeiros clasificados ascenderán directamente. Despois, do terceiro ao sexto, xogarán un play-off para un terceiro ascenso.

Equipacións

Como podedes ver nas diferentes imaxes deste apartado, o club dispón de diferentes equipacións.

A primeira é a clásica blaugrana que tanto indentificou ao Canido ao longo da súa historia. Actualmente non sabemos en que ano empezaron a utilizarse estas cores, pero coméntase que se elixiron por imitar ao FC Barcelona.

Por outra banda, no barrio convivían tres equipos: o Galiano, o San Rosendo e o Canido. Debido a isto, a segunda equipación é branca completa en honra ao Galiano. E, para rematar, a camisola de quencemento e a de xogar do equipo biberón é amarela co escudo en azul. Así eran as cores do San Rosendo.

Patrocinadores